Go Translators Anuario mundial da traducción.
Atope ó traductor especializado no campo desexado.
  THE ONLY TRANSLATORS DIRECTORY IN 30 LANGUAGES  
Base de datos dos diferentes servicios de traducción por linguas e áreas de especialización.
Traductores técnicos para todo tipo de traduccións
iso-8859-1 charset
Albanian
Basque
Bulgarian
Catalan
Czech
Danish
Dutch
English
Estonian
Finnish
Galician
German
Greek
Hungarian
Italian
Latvian
Lithuanian
Norwegian
Polish
Portuguese
Romanian
Russian
Serbian
Slovak
Slovenian
Spanish
Swedish
Turkish
Ukranian
Goconsultancy
Goconsultancy
GoTranslators, informacións & FAQ.
Recherche d'un traducteur Informacións

Sumario :
¿Quén somos?
¿Qué vantaxas propoñemos os nosos membros?
¿Cómo facerse membro?
1 mes de proba gratuíta… ¿E despois?
Avantaxes de ser un GoMembre...
¿Seguridade (confidencialidade, pagamento, spam, …) ?
¿Responsabilidade de Gotranslators?

     ¿Quén somos?   
Go translators é unha división do grupo belga Web-Refer SPRL,
Rue Emile Vandervelde, 30, 5140, Ligny, BELGIUM
Fax : 00 32 2 416 64 90.
Escribir (en francés, en español ou en inglés) a :
customers@gotranslators.com
     ¿Qué vantaxas propoñemos os nosos membros?   
Cada membro, xa sexa traductor ou axencia, dispón :
. dunha verdadeira presencia na Web, onde aparece ben visible, segundo os campos de especialización, o país de residencia e as linguas que traduce
. das últimas ofertas públicas que nos transmitiron
. da posibilidade, en calquera momento dunha traducción, de facer una pregunta a tódolos seus colegas que traballen coa misma parella de linguas e nos mesmos campos xerais
. das listas das axencias ou traductores colegas en vista de futuras colaboracións
. da posibilidade de actualiza-lo currículo, os seus datos en tempo real
. dalgúns instrumentos en relación có traballo da traducción: diccionarios, léxicos, glosarios (á vez monolingües, multilingües, especializados ou xerais) así como os newsgroups e mailing list da profesión
. outras vantaxas futuras que desenvolveremos constantemente, permanecendo a escoita das necesidades e suxerenciasdos nosos membros
( suggest@gotranslators.com )
     ¿Cómo facerse membro?   
No momento da inscrición (1 mes de proba gratis), vostede facilítanos
1. os seus datos
2. as linguas e campos de especialización
3. o currículo
  para poder aparecer nas buscas dos visitantes :
265
Durand Translations [ Jean Durand ]
Currículo  
Especialidades : Arqueoloxía, Historia, Xenealoxía, Antropoloxía, Filosofía
inglés · francés
  Rue Ravenstein · Bruxelles, B-1000 BE
Tfno :
 ++ 32 2 12 34 56
Mensaxe :
 jean@durand_translations.com
Fax :
 ++ 32 2 12 34 57
 jeandurand@hotmail.com
Móbil :
 ++ 32 95 498 741
Web :
 www.durand_translations.com

¡IMPORTANTE!

Para non avantaxar a ningún dos nosos membros na orde de aparición nas páxinas, a selección na base de Go translators lévase a cabo seguindo unha orde aleatoria, diferente cada día .
     1 mes de proba gratuíta… ¿E despois?   
Tódolos novos membros gozan durante o período de proba (un mes) das mesmas oportunidades ofrecidas ós GoMembres, coa excepción das reduccións na venda de softwares en promoción, na páxina adicada a esto no noso servidor, descarga-lo CV completo, amosa-las acreditacións e informacións das institucións mundiais
Unha vez rematado o período de proba, o traductor ou a axencia pode permanecer de maneira indefinida coma membro de GoTranslators e gozar dos servicios gratuítos sinalados máis arriba.
Se dexesa converterse en GoMembre e gozar dos servicios adicionais, será convidado a través da nosa fiable páxina web, a pagar un Membership anual de 60 euros polo grupo A, 35 euros polo grupo B (ver táboa máis arriba). Todo esto cálculase respectando os ingresos deducidos de cada un, en función do PIB do país onde residen, co fin de axudar en especial ós traductores dos países menos favorecidos, o Membership de GoTranslatorsn é gratuito en 59 países (grupo C). Calculo baseado nas estimacións do Banco Mundial.
  GNIPC World Bank Table (Adobe pdf format)
O Membership anual garante o acceso a tódolos servicios dispoñibles no momento da inscrición e durante os seguintes 365 días. Os Membership pasan a ser propiedade de GoTranslators durante un ano, incluso no caso de baixa voluntaria pola parte do Gomembre.
     Avantaxes de ser un GoMembre...   
Listado dos clientes na cabeceira trala busca de resultados
Acceso ás ofertas en tempo real e posibilidade de responder de inmediato
Reducción exclusiva (e superior ó custo do membership GoMembre) na compra de softwares adicados à traducción
Acceso permanente a informacións claras e actualizadas dos servicios de traducción e das ofertas públicas das grandes institucións mundiais
Posibilidade de formular preguntas técnicas ós colegas en tempo real
Help desk, resposta en 24 horas
Estatísticas persoais a diario e estatísticas das visitas do sitio web
Acceso á lista Black & White
Páxina web especializada e referenciada nos motores de busca gracias ó traballo do noso equipo (novembro 2003)
Posibilidade de descargar un CV completo personalizado, descargable polo cliente (novembro 2003)
As vosas acreditacións oficiais (ATA, AITI, BDÜ, Aticom, ...) aparecen ó consulta-lo voso CV (decembro 2003)
Acceso á lista completa dos colegas traductores organizados por parellas
Dialogar en tempo real cos GoMembres conectados a GoTranslators (febreiro 2004)
etc...
     ¿Seguridade (confidencialidade, pagamento, spam, …) ?   
Go translators comprométese a non ceder total ou parcialmente as súas bases de datos a terceiros, xa sexa comercial, administrativo ou institucional.
Os enderezos dos membros son inaccesibles para osrobots de spam.

Moi doado, o sistema de pagamento en línea WorldPay é mundialmente recoñecido, tanto pola súa fiabilidade en materia de seguridade coma pola seriedade do seu servicio bancario.
   WorldPay : www.worldpay.com   
Os seus datos bancarios non transitan pola nosa Web. Todo o proceso pasa pola propia Web de WorldPay, seguindo un protocolo fiable (codificado a 128 bits) e exterior á web de Go translators, o que constitúe unha garantía suplementaria de confidencialidade para todos.

¿Alérxico o pagamento en liña? Neste caso pode, sen ningún problema utiliza-los medios bancarios clásicos: ingreso, transferencia internacional, cheque, etc …
     ¿Responsabilidade de Gotranslators?   
Cada oferta pública presentada a Gotranslators faráse pública soamente se a mención'certificado sincero e verdadeiro' foi ratificada dúas veces polo seu autor. Sen embargo, calquera contrato posterior entre o traductor e o cliente non poderá comprometer nin directa nin indirectamente a responsabilidade legal de Gotranslators no caso de litixio entre as partes.
GoTranslators non se fai responsable das relacións entre vendedores de softwares e membros.
Base de datos dos diferentes servicios de traducción por linguas e áreas de especialización.